Asteartea,
2024ko Apirilak16

MugaKultura

loader-image
Durango
1:21 am,
temperature icon 10°C
Humidity 99 %
Ráfagas de viento: 21 Km/h

MUGALARITERATURA GALEGA · ‘As mans de Lena’, por Uxía Castro

uxia

Uxía Castro

Eran as mans máis suaves e cálidas que eu toquei.
Mans que lavaron a roupa no río xeado,
que acariñaron miserias e da nada construiron ilusións,
que arrancaban as malas herbas da horta cada primaveira,
que daban forma ás rosquillas con todo o cariño,
que arrolaron meus berrinches infantís,
que prendían o lume do fogar á mañanciña,
que amasaron o noso pan de cada día,
que secaron bágoas e aplaudiron sorrisos,
que sempre agochaban un caramelo ou un pedazo de galleta cando nada había.

Mans pequenas de dedos delgados
que contiñan máis forza que calquera tornado.
As mans da miña avoa eran as mans perfectas.
Hoxe son o meu recordo máis intacto,
o meu refuxio máis recurrido.

* Uxía Castro. (Sarria, Lugo, 1975)

1490772_1413478888893013_1784737856_o

Ayúdanos a crecer en cultura difundiendo esta idea.
Etiquetas: , , ,

Bilatu